Oficina de atención de programas sociais e asistenciais – Hermandad Gallega (Caracas)

A finalidade principal desta oficina é a difusión, asesoramento e apoio na xestión de accións e programas, especialmente de carácter social e asistencial, que se desenvolvan ou establezan pola Xunta de Galicia a favor da colectividade galega asentada en Venezuela; así como visitar aos galegos máis necesitados e coñecer de primeira man as súas demandas, para posterior elaboración dos correspondentes informes sociais.